David Blanco vencedor final da 70° Volta a Portugal

Segunda victoria para o ciclista compostelán David Blanco, excompañeiro no Clube Ciclista Coruñés Leyma Élite/Sub-23, na “Grandissima” (así se coñece popularmente en Portugal esta carreira). Segundo clasificado foi o madrileño do Liberty Seguros luso Héctor Guerra e terceiro o alacantino de Ibi Rubén Plaza(Benfica).

A actuación dos ciclistas españois foi sobresaínte porque coparon as seis primeiras plazas da Xeral.

A ronda do noso país veciño, televisada a diario en directo e de forma espectacular (con varias horas de duración, actuacións musicais, programación especial…) pola Radio Televisión Portuguesa, foi un rotundo éxito tanto pola calidade dos ciclistas participantes como polo seguimento dos afeccionados (é unha das probas deportivas que se viven con maior paixón no país veciño).

Unha enorme mágoa que David (compite moi a gusto en Portugal co Palmeiras Resort), gran ciclista pero mellor persona, non poida participar no Tour de Francia, Giro de Italia ou Vuelta a España (ao igual que Rubén Plaza) por culpa da hipocresía que envolve ao ciclismo pero en fin, ahí queda alomenos unha nova gran victoria para o ciclismo galego.

¡GRANDE DAVID!

Volta a Portugal: Xeral Final – BLANCO, David (PRT) 24/8/2008

109 ciclistas clasificados

1º 31 BLANCO, David ESP PALMEIRAS RESORT-TAV 39:49:45
2º 11 GUERRA, Hector ESP LIBERTY SEGUROS a 26
3º 3 PLAZA, Ruben ESP BENFICA a 03:59
4º 84 COBO, Juan Jose ESP SCOTT-AMERICAN BEEF a 04:42
5º 13 GIL, Koldo ESP LIBERTY SEGUROS a 05:39
6º 22 MANCEBO, Francisco ESP FERCASE/ ROTA DOS MO a 06:36
7º 18 SOUSA, Rui POR LIBERTY SEGUROS a 06:39
8º 2 BARBOSA, Candido POR BENFICA a 07:00
9º 51 MACHADO, Tiago POR MADEINOX BOAVISTA a 07:53
10º 114 MARTIN, Daniel IRL GARMIN-CHIPOTLE a 08:04

109º 128 RODRIGUEZ A., Jose A. ESP EXTREMADURA a 02:32:00