Salvar a más de 500 gatos en Barcelona (gallego) – gracias a los colaboradores de AnimaNaturalis

Somos veciños de Sant Marti  (Barcelona) e coidadores de colonias de gatos do barrio. Dende hai uns meses, estamos intentando salvar ós gatos dunha morte segura polas obras do AVE. Calcúlase que hai entre 300 e 500 gatos (ou máis) que viven nas vías do tren onde, en breve, empezarán a traballar as máquinas. Xa mataron moitos gatos pola construcción da nova liña de metro na Rambla Prim, e agora queremos evitar outra masacre.

Recollemos sinaturas para pedir unha entrevista co rexedor do distrito de Sant Marti. Fixemos unha instancia antes do Nadal e non tivemos ningunha nova por parte do concello ata agora.

O partido político Ciu presentou unha proposta a prol da creación de colonias de gatos no  Consello Municipal o día 24 de xaneiro, pero tampouco obtivemos promesas concretas. É dicir, escoitáronnos e segundo eles xa saben da existencia deste problema.

A sorpresa chegou cando o día 29 de xaneiro, nun artigo de El Periódico, o “profesional” xornalista Albert Olles di, con ton de mofa, que os gatos viven felices nas vías (sufrindo o abandono?, pasando fame e frío?), que hai outros moitos asuntos importantes para discutir no Consello Municipal (cando non hai gatos e temos ratas por todas partes, entón discutimos o tema dos gatos?), e que Ciu utilizou “o tema de gatos” para mudar o trazado do AVE (Non sabemos que “estar a prol da creación de colonias controladas de gatos” significa “mudar o trazado do AVE?).

Despois do artigo do sr. Olles, o sr. Lluís- Antón Baulenas publicou no diario Avui outro artigo máis insensible (día 4 de febreiro). Algúns xornalistas deste país aproveitaron os gatos para facer mofas doadas, sen importarlles a situación miserable que viven estes animais.

En resposta ó artigo publicado o 29/01/07 polo sr. Albert Olles en El Periódico (www.elperiodico.com/envN.asp?n=375129) enviamos varias cartas, pero poucas foron publicadas e AS QUE O FORON ESTABAN RECORTADAS.

Ante tanta ignorancia e insensibilidade, decidimos facer un chamamento a nivel internacional para reunir a todo o mundo, facer forza, para que o concello de Barcelona se faga cargo de “recoller gatos, esterilizalos, e recolocalos en colonias controladas”. Se non facemos nada, estes gatos morrerán.

Tamén redactamos unha carta en inglés para que o resto do mundo poida saber a situación desesperada dos gatos para que poida enviar cartas ós medios de comunicación e ó concello de Barcelona. Por favor, reenvía a carta en inglés ós vosos amigos estranxeiros. Moitas grazas.

Podedes tamén escribir as vosas opinións ós seguintes mails (ver abaixo).

Colectivo Sant Andreu Sant Marti
http://www.quediario.com/blogs/20281/

Moitos gatos viven na rúa. Están alí porque son ABANDONADOS polos seus donos ou son DESCENDENTES DOS ABANDONADOS. Polo tanto, eles son responsabilidade dos humanos. A eliminación de gatos, sexa dun solar, dun xardín, dun patio dunha mazá, etc.. NON SERVE en absoluto para diminuír a súa poboación, porque a colonia cuxo número se reduce por este sistema drástico reacciona procreando máis e, en breve prazo, esa colonia está aínda máis poboada que antes. No caso de que se exterminara a toda unha colonia, ese espacio baleiro sería ocupado por outros gatos que actuarían coma no caso anterior. Se houbera algún xeito de eliminar a todos os gatos dunha cidade -que non a hai- , a poboación de RATAS E RATOS dispararíase de xeito MOI PERIGOSO para a saúde das persoas. O mellor exemplo é  a PESTE da Idade Media. Nesa época estendeuse a crenza de que os gatos eran animais de ritos diabólicos e bruxerías, e case non había felinos en Europa tras unha implacable persecución. Isto propiciou a multiplicación de roedores, o que trouxo consigo a peste. Para solucionar o problema dos gatos da rúa, hai que castigar o abandono, e hai que controlar as colonias, esterilizando todo e pasando revisión veterinaria. Na maioría de países europeos, e algúns do terceiro mundo como Kenya e Túnez, séguense campañas de control das colonias felinas, todas esterilizadas e sanitariamente vixiadas, en colaboración entre o Concello, veterinarios e asociacións protectoras de animais. Deste xeito, evítase a superpoboación, regúlase a entrada de novos gatos, os machos xa non marcan territorio e redúcense os malos cheiros e elimínase ó 100% a poboación de ratas e ratos portadores de graves enfermidades para o ser humano.

http://www.gopetition.com/petitions/save-500-cats-in-barcelona-spain.html
http://www.thepetitionsite.com/takeaction/713227854

Contact Barcelona Mayor
http://www.bcn.es/alcalde/ca/escriviu.htm

Contact Catalunya president
http://www10.gencat.net/president/AppJava/es/contacte.jsp

Emails to: jhereu@mail.bcn.es, premsa@mail.bcn.es,
premsa.president@gencat.net, cartalector@elperiodico.com,
cartas@lavanguardia.es, bcnweb@20minutos.es, noesven@20minutos.es,
cartes.cat@metrospain.com, lectores@quediario.com,
barcelona@diarioadn.com, redaccion.barcelona@quediario.com,
cartas@abc.es, cartas@diario-elcorreo.es, cartasdirector@elpais.es,
bustia@avui.com, opinio@avui.cat, politica@avui.cat,
redaccionweb@informativost5.com, elbuscador@telecinco.es,
protesteya@telecinco.es, pgutierrez@rtva.es, programas.v.tve@rtve.es,
sociedad-ssii.tve@rtve.es, sociead@antena2tv.es,
informativos@informativost5.com, informatius@rtvv.es,
portiz@lasprovincias.es, levante-emv@epi.es,
ustedopina.val@metrospain.com, cultura.val@metrospain.com,
tedoy@ondacero.es, sucesos@rtvv.es, mcalatay@rtvv.es,
investigacio@rtvv.es, dossiers@rtvv.es, xaquin.lopez@rtve.es,
gente.tve@rtve.es, doctv@rtve.es, aquihaytomate@telecinco.es,
12meses12causas@telecinco.es, herreraenlaonda@ondacero.es,
opina@ondacero.es, comoelperroyelgato@ondacero.es,
cronicas.tve@rtve.es, decerca@rtve.es, enportada.tve@rtve.es,
enfoque@rtve.es, inf.semanal@rtve.es, losdesayunos.tve@rtve.es,
tdfs@rtve.es, td1@rtve.es , td2@rtve.es, lanochetematica.tve@rtve.es,
espanaencomunidad.tve@rtve.es, linea_900.b.tve@rtve.es,
consultas@rtve.es, atencionaloyente@rtve.es, radio1.rne@rtve.es,
areacultura-ojocriticorne@rtve.es, reservanatural.rne@rtve.es,
areanacional.rne@rtve.es, lamanana@cope.es, latarde@cope.es,
cazaypesca@cope.es, informativos@cope.es, cartas.director@elmundo.es,
hoyporhoy@cadenaser.com, hora25@cadenaser.com, avivir@cadenaser.com,
hablarporhablar@cadenaser.com, siamanece@cadenaser.com,
denuevea@cadenaser.com, serdigital@cadenaser.com,
diaadia@telecinco.es, antena3noticias@antena3tv.es,
td.intnal@rtve.es, tdmatinal@rtve.es, direccion.comunicacion@rtve.es,
cultura_con.tve@rtve.es, eop.tve@rtve.es, acienciacierta@rtve.es,
informativos.b.tve@rtve.es, ctmadrid.tve@rtve.es,
deflector@eltiempo.com, desayunos.tve@rtve.es, miradas2@rtve.es,
parlamento1.tve@rtve.es, dir_barcelona.b.tve@rtve.es,
c_comunicacio.b.tve@rtve.es, jenaro.castro@rtve.es,
programas@rtve.es, la2@rtve.es, mundo24h.tve@rtve.es,
defensor@rtva.es, europa.tve@rtve.es, enfoque.tve@rtve.es,
la2noticias.tve@rtve.es, info.semanal@tve.es, infosemanal@tve.es,
gente@rtve.es, prisma.tve@rtve.es, md@telemadrid.es,
30minutos@telemadrid.es, telemadrid@telemadrid.es,
sucedio@telemadrid.es, telenoticias@telemadrid.es,
enplenomadrid@telemadrid.es, sinfronteras@telemadrid.es,
micamarayyo@telemadrid.es, circulo@telemadrid.es,
cosesquepassen@tvcatalunya.com, matinstv3@tvcatalunya.com,
redaccio@revistaeltriangle.com, cdirector@estrelladigital.es,
cartas@vanguardia.es, diario@estrelladigital.es,
director@periodicoelcompas.info, expansion@recoletos.es,
efebrero.s@tvcatalunya.com, ediciondigital@eldiarioa.com,
participa@elpais.es, internet@elmundo.es,
cartas@periodistadigital.com, director@estrelladigital.es,
cartas@larazon.es, cartas@libertaddigital.com,
info@panorama-actual.com, redaccion@argenpress.info,
info@argenpress.info, sucedio@telemadrid.es, mati@catradio.com,
40madrid@los40.com, mensajesaleditor@ambitoweb.com,
religiosos@cope.es, comunicacion@cope.es, cecoro@eltiempo.com,
carta@hazteoir.org, pnaranjo2004@yahoo.es, cartasdirector@elmundo.es,
redaccion@lavanguardia.es, redaccion.mdr@metrospain.com,
cartas@madridpress.com, noticias@europapress.es,
lector@diario-elcorreo.es, lectores@laverdad.es,
catalunya@elpunt.com, girona@elpunt.com, autocontrol@autocontrol.es,
vozredaccion@elperiodico.com, asturiasdigital@asturiasdigital.com,
ondazul@telefonica.net, redaccion@canarias7.es, planc@telecinco.es,
adio1.rne@rtve.es, areacultura-ojocritico.rne@rtve.es,
info@tvcatalunya.com, wmaster@rtvv.es